This is the Trace Id: 735620d74e3c0811079721f391779f7f
Saltar ao contido principal Microsoft 365 Office Azure Copilot Windows Surface XBOX Asistencia técnica Aplicacións de Windows OneDrive OneNote Computadores e tabletas Xogos de Xbox Xogos de computador Microsoft AI Seguranza de Microsoft Azure Dynamics 365 Microsoft 365 para empresas Microsoft Power Platform Windows 365 Programador de Microsoft Documentación Microsoft Learn Microsoft Tech Community Azure Marketplace AppSource Visual Studio Seguranza e descargas gratuítas Education Todo Microsoft

Paquetes de idioma para SharePoint Server 2016

Os paquetes de idioma permiten a creación de sitios e de coleccións de sitios en varios idiomas sen necesidade de instalar distintas copias de SharePoint Server 2016.

Importante! A selección dun dos seguintes idiomas cambiará de forma dinámica o contido completo da páxina a ese idioma.

Descargar
  • Versión:

    16.0.4351.1000

    Data de publicación:

    15/4/2022

    Nome do ficheiro:

    serverlanguagepack.exe

    Tamaño do ficheiro:

    55.3 MB

    Os paquetes de idioma permiten a creación de sitios e de coleccións de sitios en varios idiomas sen necesidade de instalar distintas copias de SharePoint Server 2016. Deste xeito, no mesmo servidor pódense instalar varios paquetes de idioma. A aplicación dun paquete de idioma non mudará o idioma do produto Microsoft Server instalado nin o das funcionalidades administrativas.

    Nota: Non tes que descargar un paquete de idioma para o idioma que instalaches. Estes paquetes están pensados para poder crear elementos noutros idiomas.
  • Sistemas operativos admitidos

    Windows Server 2012 R2, Windows Server 2016, Windows Server 2019

    Esta descarga funciona cos seguintes programas:
           • Microsoft SharePoint Server 2016
  • Para iniciar a descarga:

           1. Selecciona o idioma de instalación desexado en Seleccionar idioma.
           2. Preme o botón Descargar.
           3. Preme en Gardar para gardar no teu computador o programa de instalación do paquete de idioma.

    Para instalar o paquete de idioma de SharePoint Server 2016:

           1. Executa o programa de instalación do paquete de idioma.
           2. Na páxina Ler os termos de licenza do software de Microsoft, revisa os termos, selecciona a caixa de verificación Acepto os termos deste contratoe preme Continuar.
           3. Executarase o asistente de configuración e instalarase o paquete de idioma.
           4. Executa o Asistente para configuración de produtos de SharePoint 2016 coa configuración predefinida.

    Nota: Se non executas o Asistente para configuración de produtos de SharePoint 2016 despois de instalar un paquete de idioma, este non se instalará correctamente.

    Para executar o Asistente para configuración de produtos de SharePoint 2016:

           1. Preme en Inicio, vai a Todas as aplicacións, vai a Produtos de Microsoft SharePoint 2016 e preme enAsistente para configuración de produtos de SharePoint 2016.
           2. Na páxina Dámosche a benvida aos Produtos de SharePoint, preme en Seguinte.
           3. Preme en Si na caixa de diálogo que te avisa de que pode facer falta reiniciar algúns servizos durante a configuración.
           4. Se aparece a páxina Modificar configuración do conxunto de servidores, preme en Non desconectarse deste conxunto de servidores e preme enSeguinte.
           5. Se aparece a páxina Modificar configuración da aplicación web de administración central de SharePoint, non modifiques a configuración predefinida e preme en Seguinte.
           6. Se aparece a páxina Concluíndo o Asistente para configuración de Produtos de SharePoint, preme en Seguinte.
           7. Na páxina Configuración realizada con éxito, preme en Finalizar.

    Instrucións de uso:

    Consulta Instalación ou desinstalación de paquetes de idioma para SharePoint Server 2016 para obter instrucións de configuración detalladas.

    Para eliminar un paquete de idioma de SharePoint Server 2016:

           1. No menú Inicio, preme en Panel de control.
           2. Preme en Desinstalar un programa.
           3. Na lista de programas instalados, selecciona Paquete de idioma para SharePoint e Project Server 2016 – [Idioma] e preme en Desinstalar.
           4. Preme en Si para confirmar que queres eliminar o programa.
           5. Preme en Aceptar na caixa de diálogo que te avisa de que a funcionalidade dos sitios que dependan deste paquete de idioma pode verse afectada.
           6. Despois de que se desinstale correctamente o paquete de idioma, preme en Pechar.