Paquetes de idioma para SharePoint Foundation 2013 SP1
Os paquetes de idioma permiten a creación de sitios e colecciones de sitios en varios idiomas sen necesidade de realizar instalacións de SharePoint Foundation 2013 SP1
Importante! A selección dun dos seguintes idiomas cambiará de forma dinámica o contido completo da páxina a ese idioma.
Versión:
15.0.4569.1506
Data de publicación:
15/8/2020
Nome do ficheiro:
spf_lpk_SP1_x64_gl-es.img
Tamaño do ficheiro:
58.3 MB
Os paquetes de idioma permítenlle crear sitios e coleccións de sitios en varios idiomas sen necesidade de realizar varias instalacións de SharePoint Foundation 2013 SP1. É posible instalar varios paquetes de idiomas no mesmo servidor. A aplicación dun paquete de idioma non cambiará o idioma do produto do servidor de Microsoft instalado nin o idioma das funcións administrativas.
Notas
- Non é necesario descargar un paquete de idioma para o idioma que instalou, xa que estes paquetes de idioma están deseñados para ser compatibles coa creación de idiomas adicionais.
Sistemas operativos admitidos
Windows Server 2008 R2 SP1, Windows Server 2012, Windows Server 2012 R2
- Esta descarga funciona cos seguintes programas:
- Microsoft SharePoint Foundation 2013 SP1
- Esta descarga funciona cos seguintes programas:
- Para instalar esta descarga:
Instalar un paquete de idioma:- Prema no botón Descargar (máis arriba) para descargar o ficheiro e gárdeo no disco ríxido.
- Execute o programa de instalación.
- Na páxina Lea os termos de licenza do software de Microsoft, consulte os termos, marque a caixa de verificación Acepto os termos deste contrato e, a continuación, prema Continuar.
- Executarase o asistente de configuración e instalarase o paquete de idioma.
- Volva executar o asistente de configuración de produtos e tecnoloxías de SharePoint coa configuración predefinida.
Volva executar o asistente de configuración de produtos e tecnoloxías de SharePoint:- Prema Inicio, diríxase a Todos os programas, vaia a Produtos de Microsoft SharePoint 2013 e, a continuación, prema Asistente de configuración de produtos e tecnoloxías de SharePoint.
- Na páxina Benvido as tecnoloxías e produtos de SharePoint, prema Seguinte.
- Prema Si na caixa de diálogo na que se avisa de que pode que sexa necesario reiniciar algúns servizos durante a configuración.
- Na páxina Modificar configuración do conxunto de servidores, prema Non desconectarse deste conxunto de servidores e, a continuación, prema Seguinte.
- Se aparece a páxina Modificar configuración de administración da web de administración central de SharePoint, non modifique a configuración predefinida e, a continuación, prema Seguinte.
- Na páxina Completar o asistente de configuración de produtos e tecnoloxías de SharePoint, prema Seguinte.
- Na páxina Configuración realizada con éxito, prema Rematar.
Para obter información de uso, visite a páxina Instalar ou desinstalar paquetes de idioma para SharePoint 2013.
Para eliminar esta descarga:- No menú Inicio, diríxase a Configuración e, a continuación, prema Panel de control.
- Prema dúas veces en Engadir/Eliminar programas.
- Na lista de programas instalados actualmente, seleccione o elemento instalado e prema Eliminar ou Engadir/Eliminar. Se aparece unha caixa de diálogo, siga as instrucións para eliminar o programa.
- Prema Si ou Aceptar para confirmar que quere eliminar o programa.