This is the Trace Id: 6775eef5a0f4612887f8ab9561c950bd
Saltar ao contido principal Microsoft 365 Office Azure Copilot Windows Surface XBOX Asistencia técnica Aplicacións de Windows OneDrive OneNote Computadores e tabletas Xogos de Xbox Xogos de computador Microsoft AI Seguranza de Microsoft Azure Dynamics 365 Microsoft 365 para empresas Microsoft Power Platform Windows 365 Programador de Microsoft Documentación Microsoft Learn Microsoft Tech Community Azure Marketplace AppSource Visual Studio Seguranza e descargas gratuítas Education Todo Microsoft

Idioma da información de pantalla de Microsoft Office

Utilice as traducións da información de pantalla para amosar o texto dos elementos da pantalla (por exemplo, dos botóns, menús e caixas de diálogo) noutro idioma.

Importante! A selección dun dos seguintes idiomas cambiará de forma dinámica o contido completo da páxina a ese idioma.

  • Versión:

    1.0

    Data de publicación:

    15/1/2020

    Nome do ficheiro:

    screentiplanguage_gl-es_32bit.exe

    screentiplanguage_gl-es_64bit.exe

    Tamaño do ficheiro:

    1.5 MB

    1.5 MB

    Cambie o idioma da información de pantalla para amosar as traducións dos elementos da pantalla (por exemplo, dos botóns, menús e caixas de diálogo) noutro idioma e axudar aos usuarios a navegar polas aplicacións de Microsoft Office que se atopan instaladas nun idioma que non comprenden.


    A continuación facilítanse algunhas situacións de exemplo:
    • Asistencia bilingüe e en varios idiomas
    • Os enxeñeiros de asistencia poden ampliar a compatibilidade con idiomas que non comprenden
    • Os usuarios que empregan Office temporalmente nun idioma estranxeiro ou durante un período de tempo limitado (usuarios en itinerancia)
    • Utilización do idioma en PC compartidos
  • Sistemas operativos admitidos

    Windows 7, Windows 8 Release Preview

    • Aplicacións de Microsoft Office compatibles:
        Microsoft Office Word 2013, Microsoft Office Excel 2013, Microsoft Office Outlook 2013, Microsoft Office PowerPoint 2013, Microsoft Office OneNote 2013, Microsoft Office Visio 2013, Microsoft Office Publisher 2013
    • Software requirido:
        É posible que os idiomas de Asia Oriental e de escrita complexa requiran a instalación de ficheiros de soporte. Isto pode levarse a cabo a través do Panel de control en "Opcións rexionais e de idioma".
  • Para instalar esta descarga:
    1. Faga clic no botón Descargar nesta páxina para comezar.
    2. Leve a cabo unha das seguintes accións:
      • Para comezar a instalación inmediatamente, faga clic en Executar.
      • Para gardar a descarga no seu ordenador para realizar a instalación máis tarde, faga clic en Gardar.
      • Para cancelar a instalación, faga clic en Cancelar.

    Para desactivar ou cambiar o idioma da información de pantalla:
    1. Faga clic no botón Ficheiro de Office, seleccione Opcións, Idioma e axuste o idioma da información de pantalla en "Coincidir co idioma da pantalla".

    Para eliminar esta descarga:
    1. No menú Inicio, diríxase a Panel de control.
    2. Faga dobre clic en Engadir/Eliminar programas.
    3. Na lista de programas instalados actualmente, seleccione Idioma da información de pantalla de Microsoft Office e, a continuación, faga clic en Eliminar ou Engadir/Eliminar. Se se amosa unha caixa de diálogo, siga as instrucións fornecidas para eliminar o programa.
    4. Faga clic en Si ou Aceptar para confirmar que desexa eliminar o programa.